presidentes

Luis Cornide Quiroga
Monforte de Lemos, Lugo (1884)
Madrid (06/11/1946)

3

Anos

(1906, 1907, 1908)

Secretario da Liga de Amigos, foi designado primeiro presidente da historia do Deportivo. Avogado, político, empresario do sector eléctrico e membro da Real Academia Galega.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Laureano Martínez Brañas
Lugar descoñecido (24/12/1860)
A Coruña (25/12/1941)

2

Anos

(1908,1909)

Contratista de obras e corredor de comercio. Pouco despois de abandonar a presidencia do Deportivo ocupou o mesmo cargo no seu acendido rival, o Real Club Coruña e, máis adiante, entre 1923 e 1924, foi alcalde da Coruña.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

José Longueira Díaz
Lugar descoñecido / Data descoñecida
A Coruña (7/06/1945)

6

Anos

(1909, 1910, 1911, 1912, 1913, 1914)

Contador da xunta directiva fundacional, foi o presidente do primeiro título nacional da máxima categoría, a Copa España de 1912. Axente de aduanas, cando finou era tenente de alcalde.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Rogelio Fernández Conde
Lugar descoñecido (17/11/1876)
A Coruña (07/08/1957)

5

Anos

(1914, 1915, 1916, 1917, 1918)

Concelleiro coruñés, presidente da Cámara de Comercio e da Liga de Amigos e conselleiro de Fenosa, presidiu o Club en medio do cisma co Real Club Coruña durante o que o gobernador civil prohibiu os partidos de fútbol entre os dous equipos.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Virgilio Rodríguez Rincón
A Coruña (15/02/1890)
A Coruña (02/06/1978)

5

Anos

(1918, 1919, 1920, 1945, 1946)

Socio fundador e xogador do primeiro Deportivo, co que logrou a Copa España de 1912. Peza clave na reunificación de 1918. Presidente en dúas épocas distintas: na segunda o Club logrou volver á Primeira, en 1946. Medalla de ouro e brillantes do Deportivo. Finou en 1978, o mesmo día ca Santiago Bernabéu, sendo o socio número 1.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Juan Casal Rey
Lugar descoñecido (20/01/1889)
A Coruña (01/08/1961)

3

Anos

(1920, 1921, 1922)

Catedrático e vicedirector da Escola de Comercio. Secretario do Sporting Club Casino e presidente da Reunión de Artesanos.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Carlos González de Ancos
Lugar descoñecido (29/02/1891)
A Coruña (12/06/1975)

2

Anos

(1922, 1923)

Xogador entre 1908 e 1919 do Deportivo, do que foi capitán. Presidente do Deportivo Auténtico e despois do Deportivo. Tras o seu mandato de pouco máis dun ano emigrou para Cuba, onde ademais de rexer os seus negocios exerceu como xornalista deportivo.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Maximino Fernández Gago
Lugar descoñecido (01/05/1890)
A Coruña (29/12/1956)

3

Anos

(1923, 1924, 1925)

Médico especializado no deporte, vinculado á Agrupación Atlética Coruñesa e ao Club Náutico, no que patroneaba unha traiñeira. Primeiro presidente que formulou a necesidade de erixir un estadio.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Arcadio García Tizón
San Fiz de Navío, Ourense (1884)
A Coruña (28/01/1961)

2

Anos

(1925, 1926)

Destacado comerciante de mobiliario, porcelana e cristal, foi tenente de alcalde, directivo da patronal e da Cámara de Comercio.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Guzmán Rodríguez Rincón
Lugar descoñecido (07/09/1887)
A Coruña (08/06/1963)

2

Anos

(1926, 1927)

Irmán de Virgilio. Armador de buques pesqueiros. Directivo durante case toda a década dos anos 20. Presidente cando o Deportivo logrou o primeiro título galego.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Galo García-Baquero y Sainz de Vicuña
Luanco, Asturias (31/05/1881)
A Coruña (01/01/1969)

3

Anos

(1927, 1928, 1929)

Médico otorrino (doutorado en Madrid en 1908, é o primeiro que abriu consulta na Coruña) e médico de beneficencia municipal, presidiu a Real Academia de Medicina. Casou con Ángeles Méndez-Gil, amor platónico de Picasso na súa etapa coruñesa.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Luis López y López-Rioboo
Lugar descoñecido (30/10/1895)
Lugar descoñecido (12/05/1951)

1

Ano

(1929)

Avogado e concelleiro coruñés. Competidor en probas de tiro ao pichón. Presidente do Deportivo no seu debut na Liga.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Carlos Allones Roffignac
Lugar descoñecido (08/03/1876)
Lugar descoñecido (25/08/1949)

4

Anos

(1929,1930, 1934, 1935)

Procurador dos tribunais. Un dos poucos presidentes que estivo no cargo en máis dunha etapa, aínda que as dúas foron breves.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Víctor Mateo Malumbres
Navarra (12/10/1894)
A Coruña (01/05/1955)

2

Anos

(1930, 1931)

Navarro establecido na Coruña polo seu traballo como delegado de Papelera Española. Concelleiro coruñés en dúas etapas.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Manuel Negreira Gosende
Negreira, A Coruña (06/22/1877)
A Coruña (18/02/1934)

1

Ano

(1931)

Emigrante en Cuba, onde presidiu o Club Iberia da Habana e rexentou diversos negocios. Cando regresou, casou cunha coruñesa e estableceuse na cidade, onde construíu unha casa na zona que hoxe recibe o nome de rúa Vila de Negreira.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Eugenio Barrero Muñoz
Lugar descoñecido (17/03/1893)
A Coruña (15/12/1967)

1

Ano

(1931)

Presbítero e beneficiado da Colexiata de Santa María do Campo. Director do coral El Eco. Ocupou a presidencia do Deportivo durante catro meses.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Felipe Rodríguez Fernández
Lugar descoñecido (01/06/1900)
A Coruña (06/12/1947)

4

Anos

(1931, 1932, 1933, 1934)

Fillo do cónsul de Alemaña na Coruña. Presidente do Deportivo que eliminou da Copa o Real Madrid, campión invicto da Primeira. Era coñecido como Felucho.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Francisco Portela de Fano
Lugar descoñecido (01/01/1891)
Lugar descoñecido (02/08/1963)

1

Ano

(1935)

Secretario xudicial. Concelleiro na Coruña durante a II República.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

José María Salvador y Merino
Herrera del Pisuerga, Palencia (13/11/1904)
Madrid (02/06/1958)

7

Anos

(1935, 1936, 1937, 1938, 1939, 1940, 1941)

Avogado e comandante xurídico do Exército. Máximo mandatario no primeiro ascenso á Primeira. Foi fillo adoptivo da cidade e tivo unha rúa ao seu nome ata que se aplicou a Lei de memoria histórica.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Ramón de Llano y Martín
Jovellanos, Cuba (24/08/1892)
A Coruña (01/05/1976)

3

Anos

(gestor único; 1936, 1937, 1938)

Nado en Cuba. Directivo desde 1918 ata 1947, durante a Guerra Civil mantivo con vida o Deportivo, exercendo como ‘xestor único’, xunto co presidente Salvador y Merino.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Aurelio Ruenes Blanco
Corme, A Coruña (11/11/1892)
Lugar descoñecido (11/10/1987)

5

Tempadas

1941-1942, 1942-1943, 1943-1944, 1944-1945, 1946-1947)

Tras facer fortuna na súa xuventude en Arxentina, cando retornou investiu en negocios de alimentación, como Chocolate Express, aínda en activo. Presidente do debut na Primeira División. Sufriu dous descensos á Segunda (1945 e 1947).
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Ignacio Baeza Torrecilla
Lugar descoñecido (12/03-/906)
Lugar descoñecido (08/06/1986)

1

Tempada

(1947-1948)

Comandante de artillaría e técnico da Fábrica de Armas. Fundador e presidente do Club Deportivo Juvenil, primeira filial do Deportivo.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Manuel Gila Lamela
Lugar descoñecido (17/03/1902)
A Coruña (26/06/1979)

1

Tempada

(1947-1948)

Avogado e presidente do consello de administración da Caixa de Aforros da Coruña e Lugo. Foi deputado provincial e concelleiro coruñés. O seu grande éxito como máximo dirixente do Deportivo foi o ascenso de 1948.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Daniel Chaver Gómez
Baamonde, Lugo (16/07/1905)
Lugar descoñecido (08/11/1985)

2

Tempadas

(1948-1949, 1949-1950)

Coronel de enxeñeiros e diplomado do Estado Maior. Presidente do primeiro Deportivo subcampión da Primeira División. O seu fillo Javier era directivo cando o Deportivo ganou a Liga en 2000.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Enrique Gómez Jiménez
Santa Clara, Cuba (29/05/1889)
Lugar descoñecido (18/01/1989)

2

Tempadas

(1950-1951, 1951-1952)

Fillo de galegos de Becerreá (Lugo) nado en Cuba, enxeñeiro de camiños e político. Con anterioridade presidiu o Lugo Sporting Club.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Manuel Otero Peón
Mazaricos, A Coruña (05/10/1913)
A Coruña (21/01/1998)

1

Tempada

(1952-1953)

Avogado e notario. Decano do Colexio Notarial de Galicia. Foi concelleiro e ocupou a presidencia durante dez meses.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Rafael Salgado Torres
A Coruña (23/10/1914)
A Coruña (20/09/1987)

1

Tempada

(1952-1953)

Coronel de infantaría e profesor mercantil. Alcalde de Bergondo (1948-1956), ao mesmo tempo presidiu unha xunta xestora do Deportivo durante sete meses.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Antonio Martínez-Reboredo Rumbo
Lugar descoñecido (07/07/1907)
A Coruña (08/07/1967)

1

Tempada

(1953-1954)

Médico especialista en otorrinolaringoloxía e cirurxián. Durante a súa presidencia, o Deportivo cruzou por primeira vez o Atlántico para xogar en Uruguai, Arxentina e Brasil.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

José Iglesias Varela
Arteixo, A Coruña (24/04/1914)
Lugar descoñecido (24/12/1995)

2

Tempadas

(1954-1955, 1955-1956)

Industrial. Sucedeu a Martínez Rumbo, do que era vicepresidente, e permaneceu no cargo durante dous anos e tres meses, durante os que o Deportivo xogou e ganou por primeira vez o Teresa Herrera.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Ángel Fernández Murga
Lugar descoñecido (31/05/1919)
Outeiro de Rei, Lugo (28/06/1980)

1

Tempada

(1956-1957)

Comandante de infantaría. Presidiu o club durante cinco meses. Faleceu nun accidente de tráfico na N-VI con 61 anos.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

José Luis Pérez-Cepeda Piñeiro
A Coruña (15/07/1919)
Valencia (22/12/1966)

1

Tempada

(1956-1957)

Avogado do Estado, tenente de alcalde, directivo da Federación Galega de Fútbol e do Español SD e presidente do Fabril. Morreu sendo concelleiro coruñés e días despois pasou a darlle nome a unha rúa.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Feliciano Gómez Pedreira
Culleredo, A Coruña (14/12/1910)
A Coruña (05/04/2000)

2

Tempadas

(1957-1958, 1958-1959)

Avogado e exxogador do Deportivo e mais do Atlético de Madrid. Presidente durante ano e medio, evitou que o Club caese á Terceira por primeira vez tras superar unha dramática promoción contra o Ourense.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Miguel Osset Acosta
Lugo (05/09/1894)
Lugo (16/12/1959)

1

Tempada

(1958-1959)

Coronel do exército. Tras dous meses no cargo, dimitiu por mor dunha grave enfermidade que acabou coa súa vida só cinco meses despois.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Jesús Cebrián Brizuela
El Bierzo (25/01/1898)
A Coruña (16/01/1995)

5

Tempadas

(1959-1960, 1960-1961, 1961-1962, 1962-1963, 1963-1964)

Empresario do ramo da alimentación. Baixo o seu mandato o equipo logrou dous ascensos á Primeira (1962 e 1964); sufriu un descenso á Segunda (1963); xestionou o que foi o traspaso máis caro do fútbol español, o de Amancio ao Real Madrid, e conseguiu que Riazor dispuxera de luz artificial.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Luis Julio Vázquez-Pena Núñez
Boimorto, A Coruña (07/11/1907)
A Coruña (25/04/1980)

1

Tempada

(1964-1965)

Médico especialista en xeriatría. Segundo tenente de alcalde, poñente de Beneficencia e Sanidade e deputado provincial. No seu breve mandato o Club caeu á Segunda.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Antonio José González Fernández
A Coruña (01/02/1928)
A Coruña (24/11/2001)

8

Tempadas

(1965-1966, 1966-1967, 1967-1968, 1968-1969, 1969-1970, 1970-1971, 1971-1972, 1972-1973)

Segundo presidente máis lonxevo da historia. Xogador de fútbol e hóckey sobre patíns do Deportivo na súa xuventude, foi o primeiro presidente non catalán da Federación Española de Patinaxe e presidente fundador da CERS, a federación europea de patinaxe. Durante o seu mandato subiu tres veces á Primeira e descendeu outras tantas.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Manuel Sánchez-Candamio Meigido
A Coruña (27/12/1915)
A Coruña (14/10/2000)

1

Tempada

(1973-1974)

Tenente coronel do exército. Exxogador semiprofesional no Badajoz e directivo de varios clubs modestos.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Antonio Álvarez Rodríguez
A Coruña (01/05/1940)
A Coruña (08/01/2004)

8

Tempadas

(1974-1975, 1975-1976, 1976-1977, 1977-1978, 1978-1979, 1979-1980, 1980-1981, 1981-1982)

Presidente do Bosco de baloncesto e directivo con Antonio González, foi o primeiro dirixente deportivista que accedeu á xunta directiva da RFEF. Terceiro presidente máis lonxevo, viviu dous descensos á terceira categoría (1974 e 1980) e os conseguintes ascensos (1975 e 1981).
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Jesús Corzo Sierra
San Paio de Mones, Ourense (07/09/1930)
A Coruña (06/05/2000)

4

Tempadas

(1982-1983, 1983-1984, 1984-1985, 1985- 1986)

Construtor, xoieiro e político, anteriormente foi máximo mandatario do Racing de Ferrol, cidade na que se instalou cando regresou da súa estadía en Venezuela.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Andrés García Yáñez
A Coruña (10/11/1931)
A Coruña (23/12/2014)

2

Tempadas

(1986-1987, 1987-1988)

Secretario da directiva de Corzo, substituíno por elección dos seus compañeiros da xunta. Presidente do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Luis Carlos Morato Miguel
A Coruña (15/01/1953)

1

Tempada

(1987-1988)

Presidente interino durante dous meses, tras a dimisión de García Yáñez. Asesor fiscal, avogado e profesor de Económicas na UDC.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Julio Meana Álvarez
A Coruña (06/03/1944)

1

Tempada

(1987-1988)

Presidente interino durante un mes, entre Morato e o inicio do mandato de Lendoiro. Posteriormente foi máximo mandatario da Federación Galega de Fútbol e como tal tivo a honra de lle entregar o trofeo de campión de Liga 1999-00 ao club que presidiu.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Augusto Joaquín César Lendoiro
Corcubión, A Coruña (06/06/1945)

26

Tempadas

(1988-1989, 1989-1990, 1990-1991, 1991-1992, 1992-1993, 1993-1994, 1994-1995, 1995-1996, 1996-1997, 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000, 2000-2001, 2001-2002, 2002-2003, 2003-2004, 2004-2005, 2005-2006, 2006-2007, 2007-2008, 2008-2009, 2009-2010, 2010-2011, 2011-2012, 2012-2013, 2013-2014)

O presidente máis lonxevo: dirixiu o Club durante algo máis dun cuarto de século. Levou o equipo a conquistar seis dos sete títulos nacionais da máxima categoría (unha Liga, dúas Copas do Rei e tres Supercopas). Baixo o seu mando, o Deportivo xogou os 112 partidos que disputou en Europa, que inclúen cinco edicións seguidas da Champions. Tamén logrou dous ascensos á Primeira e padeceu dous descensos á Segunda. Avogado de profesión, con anterioridade conduciu o Liceo á cúspide do hóckey sobre patíns.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Constantino Fernández Pico
A Coruña (23/07/1966)

5

Tempadas

(2014-2015, 2015-2016, 2016-2017, 2017-2018, 2018-2019)

Fundador e presidente dunha das empresas punteiras de consultoría tecnolóxica a nivel nacional, asumiu a presidencia en medio do maior concurso de acredores da historia do deporte español. Traballou con éxito no saneamento do Club. Tras o ascenso de 2014, o equipo xogou catro temporadas consecutivas en Primeira.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Francisco Martínez Zas
A Coruña (09/07/1961)

1

Tempada

(2019-2020)

Canteirán do Dépor, co que chegou a xogar en Segunda División. Empresario da construción. O seu mandato soamente durou sete meses.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Juan Antonio Armenteros Cuetos
A Coruña (22/04/1969)

1

Tempada

(2019-2020)

Avogado de profesión, asumiu o cargo durante un breve período de transición entre a dimisión de Zas e a elección de Vidal.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Fernando Vidal Raposo
A Coruña (20/08/1962)

1

Tempada

(2020-2021)

Baixo o seu mandato, pese a unha segunda volta con números de ascenso, o equipo caeu á terceira categoría prexudicado polo ‘caso Fuenlabrada’ durante a pandemia mundial da covid. Con anterioridade, foi conselleiro da área deportiva no ascenso a Primeira de 2014.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Antonio Couceiro Méndez
A Coruña (18/12/1955)

2

Tempadas

(2021-2022, 2022-2023)

Enxeñeiro de camiños, foi Conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, presidente da autoridade portuaria da Coruña e da Cámara de Comercio da Coruña. A reclamación do título esquecido (Copa España de 1912) frutificou durante a súa presidencia.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Álvaro Valentín García Diéguez
A Coruña (05/03/1959)

1

Tempada

(2023-2024)

Economista e licenciado en mercadotecnia, foi profesor universitario e director de ABANCA Seguros. Durante o seu mandato o Deportivo saíu da terceira categoría despois de catro anos.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

presidentes

Juan Carlos Escotet Rodríguez
Madrid (23/07/1959)

2

Tempadas

2024-

Juan Carlos Escotet Rodríguez é presidente do RC Deportivo desde 2024. Banqueiro e empresario, é presidente de ABANCA e fundador e presidente de Banesco Internacional. Á fronte do Club impulsa un proxecto baseado na estabilidade institucional, a solvencia económica e o crecemento sostible, cunha visión de longo prazo. A súa presidencia reforza os valores históricos do Deportivo: identidade, arraigamento, aposta pola canteira, compromiso social e respecto pola historia do Club. Baixo o seu liderado, o RC Deportivo regresou ao fútbol profesional.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN