adestradores

FÉLIX DE PAZ
A Coruña (1889)
A Coruña (enero de 1966)

3

Anos

(1924, 1925, 1927)

Xogador do primeiro once do Deportivo na historia en 1906. Foi o técnico da primeira xira do Club polo estranxeiro, en 1925, e ganou desde o banco o Campionato de Galicia 1927-28.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José MONEGAL Sorondo
Melo, Uruguay (25/07/1892)
Montevideo, Uruguay (04/11/1968)

1

Ano

1926

Primeiro estranxeiro e suramericano da historia do Club. Antes exerceu en Uruguai, Brasil e en España (no Sporting de Xixón). Con el no banco, o Deportivo logrou a maior goleada copeira da súa historia (9-0 ao Fortuna xixonés). Exerceu como xornalista na Coruña co pseudónimo de “Wanderers”, tanto en La Voz de Galicia coma en El Ideal Gallego, onde foi xefe de Deportes. En 1928 marcou para Uruguai, onde foi escritor, poeta e pintor.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Félix GILA Esteban
San Sebastián, Guipúzcoa (20/11/1895)
Lugar descoñecido / Data descoñecida

8

Anos

(1926, 1927, 1928, 1930,1931, 1932, 1933, 1934)

Técnico do Deportivo ata en catro etapas diferentes. Ganou tres títulos de campión galego (1926-27, primeiro da historia do Club, 1930-31 e 1932-33). Tamén foi o adestrador que eliminou o Madrid da Copa en 1932. Masaxista de España.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Ferenc István VOGGENHUBER
Budapest, Hungría (01/07/1894)
Budapest, Hungría (16/01/1942)

1

Ano

(1928)

Primeiro adestrador do Club doutro país europeo. Como xogador, internacional con Hungría. Ao Dépor chegou do Victoria de Las Palmas e trouxo catro xogadores, entre eles o mítico Hilario. Adestrou 18 equipos de 12 países e mais a selección letoa.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Tomás Iglesias
Lloreda-Maristany
Lugar descoñecido / Data descoñecida
A Coruña (mayo de 1944)

1

Ano

(1928)

Profesor de cultura física, señor e capitán de infantaría de gornición na praza coruñesa, propoñía circuítos ximnásticos de tres horas de duración.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Andrés BALSA Antón
Mugardos, A Coruña (11/03/1883)
Madrid (16/12/1973)

1

Ano

(1929)

Triunfou como boxeador e loitador en Estados Unidos antes de chegar ao fútbol. Primeiro que cambiou o Celta polo Dépor, e tamén o primeiro que dirixiu un partido de Liga do Club branquiazul.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Francisco González Galán, PACO GONZÁLEZ
A Coruña (14/02/1897)
A Coruña (09/02/1976)

1

Ano

(1929)

Exxogador do Real Madrid (onde coincidiu con Bernabéu), e durante moi pouco tempo do Deportivo, era un home culto que escribía poemas e compoñía música.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José PLANAS Artés
Barcelona (14/04/1901)
Barcelona (09/04/1977)

2

Anos

(1933, 1934)

Tricampión de Copa co Barça como xogador, chegou ao banco procedente do Racing de Ferrol e antes exercera no Celta. Estivo media temporada e non triunfou.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Fernando
FARIÑA Barros
Vigo, Pontevedra (14/01/1905)
Ferrol, A Coruña (25/08/1978)

2

Anos

(1934, 1953)

Lendario exxogador e excapitán deportivista, colleu o equipo dúas veces no medio da Liga, unha vez en Segunda (1934) e outra en Primeira (1953). Na primeira conseguiu enderezar o rumbo; na segunda, chegou procedente do Arsenal ferrolán e dimitiu ao inicio dunha liga de permanencia para deixarlle o sitio a Helenio Herrera, que conseguiu a salvación.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Dezsö GENCSY
Budapest, Hungría (02/11/1897)
Oporto, Portugal (08/04/01977)

1

Ano

(1935)

Internacional húngaro como xogador, só adestrou clubs portugueses (entre eles o Porto) e o Deportivo, ao que a desaparición doutro equipo evitou o descenso á Terceira.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Eduardo González Valiño, CHACHO
A Coruña (14/04-/1911)
A Coruña ( 21/10/1979)

2

Anos

(1936, 1942)

Xogador mítico, colgou as botas temporalmente cando converteu o equipo no campión galego 1936-37. Empezou a temporada 1942-43 como técnico do equipo en Primeira, pero dimitiu ás poucas xornadas tras un choque coa directiva. Na temporada 1951-52 mantivo o Deportivo na máxima categoría nun contexto de crise económica do Club.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Manuel Ponte Patiño, PLONGEÓN
A Coruña / Data descoñecida
A Coruña (12/04/1976)

2

Anos

(1937, 1938)

Xornalista que empezou a exercer o oficio en Bos Aires, e que despois regresou á cidade herculina para adestrar primeiro o Coruña e máis tarde o Deportivo. Fixo debutar a Acuña.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Francisco GRAÑA García
A Coruña (03/09/1911)
A Coruña (17/04/1988)

2

Tempadas

(1939-1940, 1946-1947)

Garda civil. Presidente de honor da Cátedra de Mus. Como técnico, ganou o último título galego da historia (1939-40) e levou o equipo ás portas da Primeira, que se pecharon cando caeu na promoción contra o Celta. Posteriormente (1946-47) tomou o relevo de Hilario no media da Liga pero non puido evitar o descenso á Segunda.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Juan Marrero Pérez, HILARIO MARRERO
Las Palmas de Gran Canaria (08/12/1905)
Las Palmas de Gran Canaria (14/02/1989)

4

Tempadas

(1940-1941, 1945-1946, 1946-1947, 1958-1959)

Dianteiro de lenda. Xogador-adestrador no primeiro ascenso do Dépor á máxima categoría (1941) e xa só técnico no segundo (1946). Na campaña 1958-59 enderezou o equipo en Segunda.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Celso MARIÑO Ferreira
Pontevedra (14-07-1910)
Lugar descoñecido (06-04-1992)

2

Tempadas

(1941-1942, 1942-1943)

Campión de España de décatlon en dúas ocasións e de lanzamento de xavelina nunha. Foi o primeiro adestrador deportivista que ordenou tácticas de marcaxe. Con el no banco, o equipo fixo un gran papel no debut en Primeira: acabou cuarto. A seguinte temporada non a empezou, pero si a rematou e mantivo o equipo na máxima categoría tras vencer o campión, o Athletic.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Ramón de la Fuente Leal, LAFUENTE
Bilbao, Vizcaya (31/12/1907)
Madrid (15/09/1973)

2

Tempadas

(1943-1944, 1944-1945)

Enxeñeiro industrial, como xogador foi internacional e destacado xogador do Atlético de Madrid. Na primeira temporada, o equipo salvouse na promoción de baixar á Segunda. Na seguinte e última, que foi na que se estreou o estadio de Riazor, descendeu. Nunca volveu adestrar.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Luis URQUIRI Urain
Deba, Guipúzcoa (01/09/1906)
Lugar descoñecido (01/05/1979)

1

Tempada

(1947-1948)

O técnico do terceiro ascenso á Primeira, categoría á que posteriormente levaría o Málaga e mais o Oviedo.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Gabriel ANDONEGUI Múgica
Nájera (14/11/1911)
Lugar descoñecido (28/2/1975)

1

Tempada

(1948-1949)

Foi cesado por sorpresa a tres xornadas do final da Liga, cando o equipo loitaba por manterse en Primeira.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José Torres Mourelle, PEPE TORRES
Ourense (8/10/1901)
A Coruña (19/01/1988)

1

Tempada

(1948-1949)

Exxogador deportivista que foi unha estrela en Cuba, era directivo cando asumiu o cargo de adestrador de forma gratuíta á falta de tres xornadas para o final da Liga 1948-49. Coa axuda de Cuqui Bienzobas como preparador, o equipo mantívose en Primeira.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Alejandro SCOPELLI Casanova
La Plata, Argentina (12/05/1908)
Ciudad de México, México (29/10/1987)

1

Tempada

(1949-1950)

Destacado exxogador alcumado ‘conejo’ (sobresaínte dianteiro do Estudiantes de la Plata e subcampión do mundo con Arxentina en 1930), foi o técnico do primeiro Súper Dépor, aquel que na última xornada da temporada 1949-50 foi virtual campión da Liga durante catro minutos. Despois adestrou moito en España (Espanyol, Celta, Granada e Valencia) e en América, onde chegou a ser seleccionador de Chile.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Osvaldo Gerónimo
Díaz, OSO DÍAZ
Barrancas, Argentina (13/10/1905)
Lugar descoñecido / Data descoñecida

1

Tempada

(1950-1951)

Porteiro internacional con Arxentina. Alcumado ‘Oso’ polo seu voraz apetito, dirixiu a famosa dianteira ‘Orquesta Canaro’ (Corcuera, Oswaldo, Franco, Moll e Tino). Era un equipo tan espectacular coma irregular. Foi cesado antes da última xornada, pero estivo no banco por motivos administrativos, se ben o once fíxollo a directiva. O Deportivo ganou e salvouse do descenso a Segunda.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Manuel CASAL Rey
A Coruña (05/08/1898)
Lugar descoñecido / Data descoñecida

1

Tempada

(1952-1953)

Este coruñés dirixiu en Arxentina (Lanús e Newell’s Old Boys), Chile (fixo campión de Liga a Unión Española) e México (converteu ao España en campión de Copa). No Deportivo fixo unha campaña discreta en Primeira ata que tivo que deixar o banco por mor dunha enfermidade.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Ubaldo Botana Pedreira, WALDO BOTANA
Rutis, A Coruña (22/12/1919)
A Coruña (20/6/1998)

2

Tempadas

(1951-1952, 1952-1953)

Dirixiu amigables en 1952 tras a destitución de Chacho. Volveu asumir provisionalmente o cargo durante dous partidos na campaña 1952-53 en Primeira: fíxoo por enfermidade do adestrador Casal, cun balance dunha vitoria e unha derrota.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

HELENIO
HERRERA Gavilán
Buenos Aires, Argentina (10/04/1910)
Venecia, Italia (09/11/1997)

1

Tempada

(1952-1953)

Arxentino, en España exerceu como triunfal adestrador no Atlético (dúas Ligas) antes de chegar a Riazor. Contratado para unha liga de permanencia en Primeira, logrou o obxectivo tras unha gran vitoria en Balaídos (1-3). Despois fixo dúas veces campión de Europa o Inter, con Luis Suárez como estrela, e levou o Barça á conquista de dúas Ligas, unha Copa e unha Copa de Ferias.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Carlos María
ITURRASPE Cuevas
San Sebastián, Guipúzcoa (10/06/1909)
Valencia (10/08/1981)

2

Tempadas

(1953-1954, 1957-1958)

Na primeira temporada combinou ilustres veteranos (Pahiño e Zubieta) con mozos (Arsenio e Luis Suárez, a quen fixo debutar) e o equipo logrou un estupendo sétimo posto en Primeira. Regresou xa anos despois, en Segunda, e salvou o Deportivo do descenso na promoción.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Eduardo TOBA Muíño
Muxía, A Coruña (14/05/1923)
A Coruña (03/08/2001)

2

Tempadas

(1954-1955, 1958-1959)

En 1954-1955 asumiu a preparación do equipo en Primeira, con Zubieta, tamén xogador, como director técnico e triunfou: o Deportivo acabou sétimo. Na campaña 1958-59 iniciou a temporada en ausencia do adestrador titular. Foi seleccionador de Costa Rica e de España.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

RODRIGO García Vizoso
A Coruña (27/02/1909)
A Coruña (02/06/2009)

2

Tempadas

(1955-1956, 1962-1963)

Mítico porteiro deportivista, foi o descubridor de Luis Suárez. Na primeira etapa como técnico branquiazul logrou dous fitos: ganar o primeiro Teresa Herrera da historia (1955) do Club e conseguir o primeiro triunfo no Bernabéu. Na segunda (1962-63) asumiu o cargo de forma provisional en Primeira pero non logrou enderezar o equipo.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Manuel Joaquín Fernández Fernández, PAHÍÑO
San Paio de Navia, Pontevedra (21/01/1923)
Madrid (12/06/2012)

1

Tempada

(1955-1956)

Foi xogador-adestrador durante tres partidos de Liga en Primeira, cun balance de dúas derrotas e un empate, tras os cales presentou a dimisión.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Ángel
ZUBIETA Redondo
Galdakao, Vizcaya (17/07/1918)
Buenos Aires, Argentina (28/10/1985)

2

Tempadas

(1955-1956, 1956-1957)

Xogador-adestrador, o seu Deportivo sufriu ata o final para eludir a promoción de permanencia en Primeira na campaña 1955-56. Á campaña seguinte foi destituído cando o equipo era o pechacancelas. Tamén dirixiu o Deportivo na primeira xira americana (1954) por ausencia do técnico Iturraspe.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Diego VILLALONGA Montoya
Utrera, Sevilla (16/02/1917)
Lugar descoñecido (20/12/1986)

1

Tempada

(1956-1957)

Bicampión de Copa e campión de Liga co Sevilla como xogador. En Riazor encomendóuselle a complicada tarefa de evitar o descenso á Segunda na campaña 1956-57, tras coller o equipo último. O Deportivo mellorou, mais non logrou o obxectivo.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

ROBERTO Rodríguez-OZORES Fernández
Vigo, Pontevedra (6/02/1918)
Lugar descoñecido (2007)

1

Tempada

(1957-1958)

O Deportivo supuxo o seu tardío regreso aos bancos, tras media temporada no Celta seis anos atrás. Era atleta en activo cando adestrou o equipo na temporada das súas vodas de ouro co obxectivo de devolvelo á Primeira. Deixou o Club en decembro preto da cola.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Ernesto PONS Forns
Mataró, Barcelona (19/01/1920)
Lugar descoñecido / Data descoñecida

1

Tempada

(1958-1959)

Estrela do atletismo na súa xuventude, campión de España de salto de altura e triplo salto en nove ocasións. O seu paso polo Deportivo, en Segunda, foi discreto e polémico, pois a afección non entendeu que prescindise de Amancio.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Jesús BARRIO Álvarez
Gijón, Asturias (21/10/1916)
Gijón, Asturias (03/10/2002)

2

Tempadas

(1959-1960, 1960-1961)

Apostou pola canteira e mais os xogadores galegos. As súas dúas campañas foron en Segunda e nas dúas roldou o ascenso: na primeira acabou cuarto; na segunda, terceiro.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Juan Ochoantezana Milucua, OCHOA
Plentzia, Vizcaya (25/10/1912)
Getxo, Vizcaya (10/02/1998)

2

Tempadas

(1961-1962 , 1964-1965)

Adestrou o Racing de Santander e mais o Zaragoza en Primeira antes da chegada a Riazor. Apoiado nos goles de Amancio e Veloso, logrou o ascenso á máxima categoría en 1962 nunha dura pugna co Valladolid. A súa segunda campaña (1964-65) empezou moi ben, ao lograr o Teresa Herrera vencendo o Porto e o Sporting de Lisboa, pero foi despedido tras sete derrotas e só dúas vitorias que o converteron no pechacancelas da Primeira.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José Enrique
RABASSA Llompart
Barcelona (19/04/1920)
Barcelona (29/12/1980)

1

Tempada

(1962-1963)

O elixido para empezar a dirixir a cuarta etapa do Club en Primeira foi este catalán que fora segundo técnico do Barça. O seu maior éxito foi lograr o Teresa Herrera ante o Benfica, vixente campión de Europa. Foi despedido en decembro, co equipo en postos de promoción de descenso.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Rogelio Santiago García, LELÉ
Marín, Pontevedra (19/04/1911)
Lugar descoñecido (15/03/1984)

1

Tempada

(1962-1963)

Foi o terceiro e derradeiro técnico da temporada 1962-63. O Deportivo perdeu a promoción co Levante, o seu equipo anterior, e baixo á Segunda.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Roque Germán Olsen Fontana, ROQUE OLSEN
Viale, Argentina (09/09/1925)
Sevilla (14/06/1992)

2

Tempadas

(1963-1964, 1970-1971)

Bicampión de Europa e tricampión de Liga como xogador do Real Madrid, chegou ao bando do Deportivo tras ascender o Córdoba. Tamén subiu á Primeira na Coruña, cun dos equipos máis goleadores da historia do Club. Na segunda etapa foi destituído co equipo en postos de ascenso á Primeira, para lle deixar paso a Arsenio Iglesias, daquela técnico do Fabril.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Luis Antonio
CARNIGLIA
Olivos, Argentina (04/10/1917)
Lugar descoñecido (22/06/2001)

1

Tempada

(1964-1965)

Como técnico, levantou dúas Copas de Europa e unha Liga co Real Madrid. Moi conservador e fanático do catenaccio, logrou a peor clasificación da historia do Club, que acabou como pechacancelas de Primeira tras catro vitorias en 21 partidos.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Enrique ORIZAOLA Velázquez
Santander, Cantabria (26/03/1922)
Santander, Cantabria (10/06/2013)

3

Tempadas

(1965-1966, 1966-1967, 1973-1974)

Adestrador do Barça na final da Copa de Europa que perdeu en 1961. Na primeira campaña en Riazor, 1965-66, subiu o equipo á máxima categoría. Na seguinte, presentou a dimisión irrevogable o 6 de febreiro de 1967, co equipo como pechacancelas. Foi o terceiro dos catro técnicos da temporada 1973-74, que acabou co descenso á Terceira.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Dagoberto MOLL Sequeira
Montevideo, Uruguay (12/07/1927)

1

Tempada

(1966-1967)

Como xogador, integrante do equipo subcampión da Liga de 1950 e da ‘Orquesta Canaro’. Como técnico, colleu un Deportivo pechacancelas á falta de só once partidos de Liga e non o puido salvar.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Pedro
EGUILUZ Lamarca
Madrid (14/06/1921)

1

Tempada

(1967-1968)

Como xogador foi campión de Liga e Copa co Sevilla. Tras unha longa carreira nos bancos de Segunda e unha única experiencia en Primeira, recalou no Deportivo para ascendelo na campaña 1967-68, a súa única na Coruña.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José María Martín Rodríguez, CHECHÉ MARTÍN
A Coruña (25/04/1924
A Coruña (23/06/2006)

4

Tempadas

(1968-1969, 1969-1970, 1975-1976, 1976-1977)

Exxogador do Deportivo subcampión da Liga en 1950. Como técnico, conseguiu parar o ascensor: despois de catro ascensos e tres descensos consecutivos, o equipo mantívose na Primeira na 1968-69, tras elixir a Arsenio como segundo. Á seguinte, o equipo baixou. Regresou en 1976 para substituír a Naya nas últimas xornadas, en Segunda. Á seguinte (1976-77) entrou por Rial e o equipo remontou, pero en marzo de 1977 deixou os bancos para sempre por problemas de saúde. Tiña 52 anos.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

ARSENIO Iglesias Pardo
Arteixo, A Coruña (24/12/1930)
A Coruña (05/05/2023)

12

Tempadas

(1970-1971, 1971-1972, 1972-1973, 1982-1983, 1983-1984, 1984-1985, 1987-1988, 1988-1989, 1990-1991, 1991-1992, 1993-1994, 1994-1995)

Destacado xogador do Deportivo nos anos 50, é o adestrador con máis partidos (568) da historia do Club. Logrou dous ascensos á Primeira: 1971 e 1991. Ocupaba o banco cando o equipo evitou a desaparición en 1988 cun gol salvador de Vicente. Levou o Club por primeira vez a Europa, en 1993. Quedou a once metros da Liga en 1994. O seu derradeiro partido como técnico branquiazul foi a vitoria na final da Copa de 1995. O adestrador máis querido e emblemático da historia do Deportivo.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Fernando José
RIERA Bauzá
Santiago de Chile, Chile (27/06/1920)
Santiago de Chile, Chile (23/09/2019)

1

Tempada

(1973-1974)

Os seus máximos logros como técnico foron o terceiro posto no Mundial de 1962 con Chile e o subcampionato da Copa de Europa en 1963 co Benfica, ao que levou a ganar dúas Ligas. Na Coruña fracasou: foi cesado na oitava xornada co equipo como pechacancelas de Segunda na campaña 1973-74, cando o obxectivo do que acababa de descender da Primeira era o ascenso.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

CARLOS TORRES Barallobre
A Coruña (17/01/1934)
A Coruña (30/10/2020)

1

Tempada

(1973-1974)

Fillo de Pepe Torres, exfutbolista, exdirectivo e exadestrador deportivista. El tamén xogou no conxunto branquiazul. Dirixiu o Fabril antes de asumir o mesmo cargo no primeiro equipo: foi o segundo dos catro técnicos da campaña 1973-74, que acabou co descenso á Terceira.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José Antonio
IRULEGUI Garmendia
Oria, Guipúzcoa (01/04/1937)

2

Tempadas

(1973-1974, 1974-1975)

Xogador do Pontevedra do ‘Hai que roelo’, foi o cuarto e último adestrador da campaña do primeiro descenso á terceira categoría. Colleu un Deportivo case sentenciado e non o puido salvar. Rendeuse á seguinte temporada, devolvendo o equipo á Segunda.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José Antonio NAYA Mella
A Coruña (30/04/1934)
A Coruña (10/12/2024)

1

Tempada

(1975-1976)

Adestrador de carácter volcánico, militar de profesión, cunha xusta fama de salvador de equipos. Dirixiu unha vintena de clubs, entre eles o seu querido Deportivo, ao que tivo a oportunidade de devolver á Primeira ata que Pes Pérez e o Burgos se cruzaron no seu camiño. A mala sorte posterior a aquela derrota custoulle o cargo.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José HÉCTOR
RIAL Laguía
Pergamino, Argentina (14/10/1928)
Madrid (24/02/1991)

1

Tempada

(1976-1977)

Pentacampión de Europa como dianteiro do Real Madrid, nos bancos fixo un nome como ideólogo do mellor Pontevedra de todos os tempos. O Dépor non funcionou con el e foi despedido tras lograr só tres vitorias nos 13 primeiros partidos da temporada 1976-77.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

JOSÉ LÓPEZ Rodríguez
Ferrol, A Coruña (22/03/1943)

1

Tempada

(1976-1977)

Adestrador do Fabril, asumiu o cargo entre a dimisión de Cheché Martín e a fichaxe de Arza, con escaso éxito: tres partidos, tres derrotas. Durante os dous seguintes decenios adestrou case todos os clásicos galegos: Racing de Ferrol, Lugo, Compostela e Pontevedra.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Juan ARZA Íñigo
Estella, Navarra (18/06/1923)
Sevilla (17/07/2011)

2

Tempadas

(1976-1977, 1977-1978)

Unha das grandes lendas do Sevilla (415 partidos e 206 goles), tamén o axudou a ascender como adestrador. Despois de dirixir o Celta chegou a Riazor para evitar males maiores ao final do curso 1976-77. Na seguinte campaña mantivo o equipo con folgura, mais lonxe da zona de ascenso e non continuou na Coruña.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Enrique MATEOS Mancebo
Madrid (15/07/1934)
Sevilla (06/07/2001)

1

Tempada

(1978-1979)

Autor dun gol co Madrid na final da Copa de Europa de 1959, coma Rial levantou ese trofeo en cinco ocasións. A etapa de ‘Fifirichi’, que dous anos antes ascendera o Cádiz, no banco do Dépor foi efémera. Só dúas vitorias nas dez primeiras xornadas do curso 1978-79 e catro derrotas consecutivas provocaron a destitución.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

LUIS
SUÁREZ Miramontes
A Coruña (2-5-1935)
Milán, Italia (9-7-2023)

1

Tempada

(1978-1979)

Lenda do fútbol español, o coruñés foi, ata Rodri, o único xogador nado en España que ganou o Balón de Ouro. Tomou o equipo en postos de descenso á Segunda B e salvouno. Os seus 31 partidos como técnico superaron os 17 que disputou como xogador. Despois, fixo a España campioa de Europa sub-21 por primeira vez.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Francisco Javier
GARCÍA-VERDUGO
Garrido
Madrid (06/07/1934)
Talavera de la Reina, Toledo (09/06/2017)

1

Tempada

(1979-1980)

Xogador do Deportivo na súa última temporada como futbolista (1967-68), unha década despois fíxose cargo do equipo tras levar o Rayo á Primeira por primeira vez na súa historia. Con todo, foi despedido despois de 30 xornadas co equipo en posicións de descenso á Segunda B.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José Iglesias
Fernández, JOSEÍTO
Zamora (23/12/1926)
Granada (12/07/2007)

1

Tempada

(1979-1980)

Outro mito do Real Madrid, co que ganou catro Copas de Europa e outras tantas Ligas. Chegou ao vestiario do Deportivo para evitar o descenso á Segunda B e, a pesar de que ganou catro partidos de oito, non o conseguiu.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José
MARTÍNEZ Palomar
Valencia (08/10/1939)

2

Tempadas

(1980-1981, 1981-1982)

Porteiro do Valencia (dobre campión da Copa de Ferias) ascendeu á Segunda o equipo na primeira temporada, como subcampión de grupo tras o Celta. Foi despedido á seguinte.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Luis RODRÍGUEZ VAZ
Vilardevós, Ourense (07/02/1942)

2

Tempadas

(1981-1982 y 1987-1988)

Militar de profesión, na primeira etapa (1981-82) salvou o equipo folgadamente en Segunda. Na segunda (1987-88), a que acabou co gol de Vicente e Arsenio no banco, só logrou unha vitoria en 17 partidos, pero fixo debutar a Fran e a José Ramón.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Jesús ARANGUREN Merino
Portugalete, Vizcaya (26/12/1944)
Barakaldo, Vizcaya (21/03/2011)

1

Tempada

(1985-1986)

Un ‘atraco’ arbitral en Oviedo impediu o ascenso do seu Dépor á Primeira.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Eusebio
RÍOS Fernández
Portugalete, Vizcaya (30/03/1935)
Portugalete, Vizcaya (10/05/2008)

2

Tempadas

(1986-1987, 1987-1988)

Un penalti ao celtista Alvelo, inventado polo árbitro Díaz Vega, frustrou as súas esperanzas de ascenso á Primeira no partido de desempate de 1987.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Marco Antonio
BORONAT Gimeno
San Sebastián, Guipúzcoa

1

Tempada

(1991-1992)

Foi o primeiro adestrador do Dépor na máxima categoría tras a ‘longa noite de pedra’. Foi destituído á falta de oito xornadas co equipo en postos de promoción.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

John Benjamin
TOSHACK
Cardiff, Gales (22/03/1949)

2

Tempadas

(1995-1996, 1996-1997)

Mítico xogador do Liverpool, como técnico obtivo unha Copa coa Real e unha Liga co Madrid. Ganador da primeira Supercopa da historia do Club (1995), levou o Deportivo ás semifinais da Recopa. O seu estilo nunca chegou a encaixar coa afección deportivista.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José Manuel CORRAL García
A Coruña (08/12/1952)

2

Tempadas

(1996-1997, 1997-1998)

En 1997, o Deportivo chegou a caer a postos de promoción baixo o seu mando, mais remontou a pesar das moitas baixas e mantívose con folgura en Primeira.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

CARLOS ALBERTO SILVA
Bom Jardim de Minas, Brasil (14/08/1939)
Belo Horizonte, Brasil (20/01/2017)

2

Tempadas

(1996-1997, 1997-1998)

Chegou avanzada a temporada a un Dépor no que había cinco xogadores brasileiros, tiroulle un gran rendemento a Rivaldo e o equipo meteuse na UEFA. Foi despedido ao inicio da segunda campaña tras un frouxo inicio na Liga e en Europa.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Javier Iruretagoyena Amiano, IRURETA
Irun, Guipúzcoa (01/04/1948)

7

Tempadas

(1998-1999, 1999-2000, 2000-2001, 2001-2002, 2002-2003, 2003-2004, 2004-2005)

O adestrador máis laureado da historia do Deportivo: unha Liga, unha Copa do Rei e dúas Supercopas. Chegou tras meter o Celta na UEFA e encadeou sete temporadas consecutivas no banco, récord do Club. O equipo disputou a Champions cinco veces seguidas e rozou a final en 2004, ademais de xogar unha vez a Copa da UEFA.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Joaquín de Jesús CAPARRÓS Camino
Utrera, Sevilla (13/10/1955)

2

Tempadas

(2005-2006, 2006-2007)

Tocoulle xestionar o Deportivo postIrureta e mantivo o equipo en Primeira sen apuros. O seu gran lunar é unha semifinal de Copa perdida contra ‘o seu’ Sevilla.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Miguel Ángel LOTINA Oruechebarria
Meñaka, Vizcaya (18/06/1957)

4

Tempadas

(2007-2008, 2008-2009, 2009-2010, 2010-2011)

Tivo tres temporadas máis ca notables (en 2008 levou o Club a Europa por última vez) e na cuarta o Deportivo descendeu á Segunda tras 20 anos consecutivos na máxima categoría. Fíxoo cunha puntuación (43) coa que ningún outro equipo baixou directamente na historia nunha Liga de 20 equipos.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José Luis OLTRA Castañer
Burjassot, Valencia (24/03/1969)

2

Tempadas

(2011-2012, 2012-2013)

O ascenso á Primeira de 2012 levou o seu selo, o dun fútbol ofensivo. O equipo estableceu un récord de puntos (91) aínda vixente na categoría de prata. Na campaña seguinte foi destituído cando ía de pechacancelas na Primeira.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

DOMINGOS José Paciência Oliveira
Leça da Palmeira, Portugal (02/01/1969)

1

Tempada

(2012-2013)

O luso foi un dos técnicos máis efémeros da historia do Deportivo: seis partidos de Liga e un único triunfo antes de presentar a dimisión. No cadro de xogadores desa campaña houbo nove portugueses e tres brasileiros.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

FERNANDO
VÁZQUEZ Pena
Castrofeito, A Coruña (24/10-/953)

4

Tempadas

(2012-2013, 2013-2014, 2019-2020, 2020-2021)

O santiagués resucitou o Deportivo en 2013, pero non foi quen de salvalo do descenso á Segunda. Na temporada seguinte devolveuno á Primeira. En 2020, volveu reanimar un equipo que xa se vía na Segunda B, pero, ‘Fuenlabrote’ mediante, no puido evitar finalmente a caída ao pozo.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

VÍCTOR FERNÁNDEZ Braulio
Zaragoza (28/11/1960)

1

Tempada

(2014-2015)

Como adestrador, fixo campión da Recopa o Zaragoza e dirixiu o EuroCelta dos rusos. No Deportivo foi despedido á falta de oito xornadas tras empatar co pechacancelas e manterse preto dos postos de descenso á Segunda.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

VÍCTOR
SÁNCHEZ del Amo
Madrid (23/02/1976)

2

Tempadas

(2014-2015, 2015-2016)

Exxogador ganador de catro títulos co Club, no Deportivo viviu a primeira experiencia como máximo responsable dun equipo profesional. Unha remontada ao Barça xa campión no Camp Nou na última xornada salvou o Club do descenso á Segunda. Na seguinte campaña mantivo o equipo en Primeira pero condenouno unha mala segunda volta.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

GAIZKA
GARITANO Aguirre
Derio, Vizcaya (09/07/1975)

1

Tempada

(2016-2017)

Artífice dun dobre ascenso consecutivo para levar o Eibar por primeira vez á Primeira. A pesar de xogar un bo fútbol, os resultados non o acompañaron. Unha serie de sete partidos sen ganar, coroada cunha derrota por 4-0 en Leganés, custoulle o cargo.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José Mel Pérez,
PEPE MEL
Madrid (28/02/1963)

2

Tempadas

(2016-2017, 2017-2018)

Tomou as rendas dun Deportivo en crise pero fóra dos postos de descenso á Segunda: enderezou o rumbo e salvouno na penúltima xornada. Na seguinte campaña foi destituído co equipo a dous puntos da última praza que conducía á categoría de prata.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

CRISTÓBAL Parralo Aguilera
Priego de Córdoba, Córdoba (21/08/1967)

1

Tempada

(2017-2018)

Subiu desde o Fabril, ao que tiña líder do grupo 1 da Segunda B tras 10 xornadas, para ser o segundo técnico da temporada 2017-2018. Colleu o equipo preto do descenso á Segunda e deixouno en postos de descenso. Dúas vitorias ligueiras en trece partidos xustificaron a súa saída.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Clarence Clyde
SEEDORF
Paramaribo, Surinam (01/04/1976)

1

Tempada

(2017-2018)

Xogador do Milán mallado en Riazor no memorable 4-0 da Champions. Como técnico, tomou as rendas a tres puntos da salvación cando faltaban 16 partidos para o final da Liga 2017-2018: ganou dous e quedou a 14 de evitar a caída.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José Ignacio González Sáenz, NATXO GONZÁLEZ
Vitoria, Álava (29/07/1966)

1

Tempada

(2018-2019)

Dous ascensos á Segunda co Alavés e o Reus fixérono acredor da responsabilidade de devolver o Dépor á Primeira. O equipo fixo unha gran primeira volta pero derrubouse na segunda e foi destituído tras perder en Riazor ante o Rayo Majadahonda na xornada 33.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

José Luis Martí Soler, PEP MARTÍ
Palma de Mallorca (28/04/1975)

1

Tempada

(2018-2019)

Mallorquino e unha lenda do Mallorca, foi o técnico branquiazul o día de San Xoán cando o conxunto balear ascendeu á Primeira no desempate tras remontarlle (3-0) en Palma ao Deportivo o 2-0 da ida.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Juan Antonio
Albacete ANQUELA
Linares, Jaén (11/09/1957)

1

Tempada

(2019-2020)

Adestrador cunha ampla experiencia na Segunda e un ascenso á categoría de prata, co Alcorcón, no seu currículo. Foi despedido tras lograr unha única vitoria en dez xornadas e deixando o equipo en postos de descenso á Segunda B.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Luis Ángel César Sampedro, LUIS CÉSAR
Vilagarcía de Arousa, Pontevedra (03/05/1966)

1

Tempada

(2019-2020)

Unha vitoria en once partidos. Dos tres adestradores que tivo o Dépor na temporada 2019-20, que acabou co descenso á Segunda B, foi o que menos puntos fixo.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Rubén DE LA BARRERA Fernández
A Coruña (18/01/1985)

2

Tempadas

(2020-2021, 2022-2023)

Primeiro adestrador herculino do Club nun cuarto de século. Na primeira etapa, evitou a hecatombe de caer por primeira vez á cuarta categoría. Na segunda, non puido levar o equipo á Segunda no desempate, no que caeu ante o Castellón.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

BORJA JIMÉNEZ Sáez
Ávila (21/01/1985)

2

Tempadas

(2021-2022, 2022-2023)

A derrota en Riazor contra o Albacete na final do desempate de ascenso á Segunda turbou a súa etapa. Foi destituído na seguinte co equipo en postos de desempate.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Óscar Pedro Cano Moreno, ÓSCAR CANO
Granada (06/11/1972)

1

Tempada

(2022-2023)

Foi destituído cando o equipo estaba en postos de desempate do ascenso á Segunda, pero lonxe do obxectivo do primeiro posto, único de ascenso directo.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Joseba IMANOL
IDIAKEZ Barkaiztegi
San Sebastián, Guipúzcoa (14/03/1972)

2

Tempadas

(2023-2024, 2024-2025)

Adestrador do ascenso á Segunda despois de catro campañas na terceira categoría. A seguir logrou o título de campión da Primeira RFEF.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

Óscar Manuel GILSANZ González
Betanzos, A Coruña (04/01/1973)

1

Tempada

(2024-2025)

Campión de España xuvenil co Deportivo en 2021. Despois de ascender o Fabril tras varios anos en Terceira, asumiu o mesmo cargo no primeiro equipo en substitución do destituído Idiakez e mantívoo en Segunda tras o seu regreso.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN

adestradores

ANTONIO HIDALGO Morilla
Granollers, Barcelona (06/02/1979)

1

Tempada

(2025-2026)

Tras un bo paso polo Huesca, foi requirido polo Deportivo para a segunda temporada na categoría de prata tras saír da Primeira RFEF, co obxectivo de pelexar polo ascenso á Primeira.
  • VOLVER AO MENÚ DE SELECCIÓN